terça-feira, 4 de junho de 2019

OS ARQUIVOS MUNICIPAIS DE VALENÇA E TUI REALIZAN UN OBRADOIRO DE CONSERVACIÓN DE DOCUMENTOS EN PAPEL

É unha actividade conmemorativa do Día internacional dos Arquivos
Os arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do eurocidade Tui – Valença.
Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que será celebrado no Arquivo Municipal de Tui a cargo de persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro terá lugar o vindeiro xoves 6 de xuño a partires das 10,00 horas e cunha duración aproximada de catro horas.
Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requirimento dos participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.
A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) e debe realizarse enviando a folla de Inscrición ao seguinte correo electrónico: arquivo@tui.galAR
A Asemblea Xeral en novembro de 2007 do Consello Internacional dos Arquivos (ICA) oficializou que sería o 9 de xuño a data para celebrar o Día Internacional dos Arquivos. Este día foi elixido porque o 9 de xuño de 1948, o Consello Internacional de Arquivos estableceuse baixo os auspicios da UNESCO. Esta elección foi aprobada de inmediato e adoptada pola comunidade arquivística internacional.
"Os arquivos custodian decisións, actuacións e memoria. Os arquivos conservan un patrimonio único e irremplazable que se transmite de xeración en xeración. Os documentos son xestionados nos arquivos desde a súa orixe para preservar o seu valor e o seu significado. Os documentos son fontes fiables de información que garanten a seguridade e a transparencia das actuacións administrativas. Xogan un papel esencial no desenvolvemento da sociedade contribuíndo á constitución e salvagarda da memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida."
Cada ano o ICA propoñe un lema para a celebración desta xornada. No ano 2019 o slogan será "Deseñar Arquivos" e propón situar á xente no centro do que facemos profesionalmente. A campaña fai fincapé sobre o rol da nosa profesión no Século 21 onde arquiveiros, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio dos cidadáns e a comunidade en xeral. Isto transcende límites xeográficos e ámbitos profesionais no seu conxunto. Deseñar os novos arquivos que dean resposta ao reto do paso da documentación en papel á dixital pero ao tempo garantindo a conservación dos documentos custodiados nos seus depósitos

Sem comentários:

Enviar um comentário