Data: 7/06/2019
Lugar: Praza de San Fernando
A praza de San Fernando acollerá o venres, 7 de xuño, ás 17.30h na praza a sétima edición de "No bico un cantar" organizado polo Consello da Cultura Galega e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e coa colaboración do Concello de Tui. Esta sétima edición ten por título de “Nenos e nenas cantan na Raia” facendo referencia á participación alumnado de dous centros musicais de Portugal.
No evento participarán os alumnos e alumnas dos sete conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: o Conservatorio Profesional da Coruña, Xan Viaño (Ferrol), Xoán montes (Lugo), Ourense, Manuel Quiroga (Pontevedra) , Santiago de Compostela e Vigo. Ademáis dos alumnos e alumnas de 13 centros musicais, entre eles a Escola de Música Municipal de Tui, o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e a Escola de música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas. Pola parte portuguesa ademais, convidouse a participar á Academia de Música da Fortaleza de Valença e á Academia de Música José Atalaya de Fafe.
Interpretarán un total de cinco pezas, “San Campio, romaría galega”, do poeta tudense Manuel Lago González musicado por Torres Creo, “Veira dó mar” de Pío Lino Cuíñas con música de Reveriano Soutullo e a terceira peza será a canción popular portuguesa “Oh rama oh que rama linda”. En cuarto lugar poderá escoitarse por vez primeira a versión musical do poema de Xosé Maria Álvarez Blázquez, “No Rego do Prado” con música do xove compositor compostelán Alexis Rozas, que realizou expresamente para esta ocasión. O broche de ouro coma en edicións anteriores poráo o poema de Rosalía de Castro “Maio longo” pertencente a Follas Novas.
Previamente pola mañá haberá actividades lúdicas e culturais dirixidas aos 500 nenos que participan no evento.
Sem comentários:
Enviar um comentário