Do 25 ao 29 de agosto vaise celebrar o V Ciclo de Concertos no Claustro Gótico da S.I. Catedral de Tui. Trátase dun evento consolidado que aposta pola arte a través de varias manifestacións coma a música, a pintura, a escultura, e a arquitectura. Ao mesmo tempo é tamén escaparate para os músicos tudenses que comparten cartel con afamados intérpretes internacionais. Dúas son as principais novidades deste ano. Por unha parte a celebración de dúas Master Class unha de guitarra e outra de órgano, e por outra unha visita guiada ao conxunto catedralicio.
-Concertos ás 21h
Sem comentários:
Enviar um comentário