Mañá martes, 1 de febreiro, ás 20,00 horas, terá lugar na Sala “Félix Rodríguez” (no edificio Área Panorámica) a presentación do Boletín da Real Academia Galega, número 369, dedicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2008 o tudense Xosé María Álvarez Blázquez.
Intervirán neste acto, aberto ao público, o Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo –fillo do autor homenaxeado-, o bibliotecario tudense, Rafael Sánchez Bargiela , e o Presidente da Real Academia Galego, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Sem comentários:
Enviar um comentário