O vindeiro venres 21 de xaneiro chegan a Tui as actividades do proxector “Detrás da canción” promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui, dentro das actividades do programa “Bocaberta”.
Como se compón unha canción de pop? Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo? A estas cuestións responde a actividade 'Detrás da canción', na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo. ‘Detrás da canción’ enmárcase dentro do programa “Bocaberta”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. Esta iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Medios a través da Rede de Telecentros de Comunicación e o Concello de Tui.
Esta proposta abrangue dúas actividades:
Curso de música caseira, con Projecto Mourente As novas tecnoloxías permiten que calquera persoa se converta en produtor musical sen saír da casa. Este curso, que se imparte en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador convencional e posteriormente publicala en Internet. Esta actividade dará comezo ás 18,00 horas no Telecentro de Tui, ubicado no primeiro andar do Edificio “Área Panorámica”, na rúa Colón, 2.
As personas interesadas en participar neste obradoiro deben inscribirse na seguinte páxina web: www.detrasdacancion.info, elexindo a nosa localidade. A matrícula é libre e gratuíta.
A continuación, ás 21,00 horas, na Sala Felix Rodríguez o Concerto acústico de The Homens e Projecto Mourente Os integrantes do grupo The Homens farán varias das cancións do seu repertorio, composto integramente en galego. Desde o ano 2004, a banda compostelá editou dous EPs e outros tantos LPs nos que combinan a melodía pop coa furia do punk e os retrousos cantables. A entrada e libre e gratuíta, non precisando unha inscrición previa.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta actividade ofrece aos mozos e mozas de Tui a posibilidade de achegarse ao mundo das novas tecnoloxías da comunicación e como éstas poden favorecer a creatividade musical da nosa xuventude. Rodríguez Pérez agradece á Secretaría Xeral de Política Lingüística que apostará por Tui para a celebración destas actividades.
Sem comentários:
Enviar um comentário