Será un concerto cun formato inédito sobre a música de raíz
Músicas no cabo do Mundo” no Teatro Municipal
Estarán acompañados por Lizgairo, Espido, Xabier Díaz e Talabarte
Berrogüeto ofrecerá este sábado no Teatro Municipal de Tui un concerto cun formato inédito e único titulado “Fisterránea 2010. Músicas no cabo do mundo” dentro do ciclo “Raíces” do Xacobeo 2010. Trátase de presentar todas as posibilidades que se abren no panorama creativo da música de raíz a través das distintas formacións nas que os membros do Berrogüeto están inmersos. Así o explicaban os integrantes do grupo Anxo Pintos, Isaac Palacín e Quico Comesaña que compareceron en rolda de prensa xunto a Xoan Luaces da produtora do ciclo Xacobeo Raíces, a Antonio Fernández Rocha , Alcalde de Tui, e Moisés Rodríguez, Concelleiro de Cultura.
O concerto, que durará entorno ás dúas horas, comezará o sábado ás 20.30h, e agárdase que o Teatro estea practicamente cheo dado o bo ritmo de venda de entradas – ata hoxe hai xa 215 localidades vendidas – e o interese que este evento está a espertar tanto en Galicia, coma en Portugal e Asturias. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 16.30, ou no despacho de billetes da Área Panorámica o sábado dende ás 19h, ao prezo de 4€ e 3€.
Fisterránea 2010. Música no cabo do mundo
Data: Sábado 8 de maio ás 20.30h
Lugar: Teatro Municipal
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o sábado ás 16.30h, e o sábado dende ás 19h
Prezos: 4€ - 3€.
Sem comentários:
Enviar um comentário