terça-feira, 4 de maio de 2010

“Noite de Contos” con Quico Cadaval e Jorge Serafim

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info
A palabra será a protagonista o venres ás 21.30h no Teatro Municipal
 A palabra é a protagonista este venres á noite no Teatro Municipal de Tui co espectáculo “Noite de contos” a cargo do galego Quico Cadaval e do portugués Jorge Serafim. A cita é ás 21.30h. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres a primeira hora da tarde, e dende ás 20h poderanse mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.

Noite de Contos con Quico Cadaval e Jorge Serafim
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 7 de maio, ás 21.30h
Entradas: 4€ - 3€
Venda de localidades na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.

Sem comentários:

Enviar um comentário