sábado, 15 de abril de 2017

Bala Com Bala en Tui

“Bala com Bala” é un grupo de musicos amantes da fusión entre o samba e o jazz, unha banda con tintes de MPB (Música Popular Brasileira).
Este proxecto comeza coa influencia que a música do Brasil exerce sobre Dani Font (guitarrista) e David Puime (batería) ao mudarse a Lisboa e entrar así en contacto coa comunidade de músicos brasileiros que alí residen. 
Para levar a cabo a materialización do interese por esta música maravillosa, contaron coa máxica voz de Leonor Arnaut, con Alexandre Touceda e con todo o peso do seu baixo eléctrico. 
Xuntos conforman Bala com Bala, unha banda impregnada da enerxía da samba e da poesía de autores como Chico Buarque, Tom Jobim, Edu Lobo, Milton Nascimento, etc.
Nesta ocasión presentan no Betún un concertó en formato trío, coa ausencia do baixo eléctrico producindo un son máis especial e intimista.
Este sábado na Asociación Cultural Betún.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Dende ás 22:00 horas
Achega íntegra para o grupo:
Socixs Beta: 3€··· Betuneirxs de balde.