quinta-feira, 6 de abril de 2017

Lino Matínez en Lisboa

O pasado fin de semana Lino Martínez competíu en Lisboa no Open Internacional de judo máster, onde foi encadrado nunha liga onde os seus adversarios eran moito mais novos que el e dunha categoría anterior. Aínda así Lino gañou todos os seus combates ata semifinais onde lle pasou factura o ultimo combate da súa liga que tivo que gañar no Golden Score ou técnica de ouro onde o que puntúe gaña o combate, despois de acabar os tres minutos regulamentarios empatados e durar outros 4.40 minutos mais o que supuxo un combate de poder a poder de mais de 7 minutos. Desta forma ao perder en semifinais colgouse a medalla de bronce subindo ao terceiro banzo do pódium. 
A próxima cita será o Campionato de España a finais de maio en Salamanca.
in Tui Opina