segunda-feira, 10 de abril de 2017

Reunión informativa o luns ante a posta en marcha de seis novos composteiros comunitarios na rúa Compostela

Ante a posta en marcha de seis novos composteiros comunitarios a próxima semana, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, na rúa Compostela os veciños da zona están convocados a unha reunión o próximo luns, 10 de abril, ás 21h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.
Na mesma o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e o mestre composteiro Manuel Gómez Estévez, explicarán aos veciños o funcionamento dos composteiros.
Este é o segundo grupo de composteiros comunitarios que se poñen en marcha en Tui ao abeiro do Plan Revitaliza. O primeiro grupo, con seis composteiros, instalado na Avenida de Portugal, está a rexistrar un bo funcionamento ante a boa acollida e implicación por parte dos veciños da zona.