SERÁ ÁS 18 H NA PRAZA DE SAN FERNANDO. ESTÁ PROMOVIDO POR EU RURAL
O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa “Música e viño no teu camiño” promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo. A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.
O evento comezará ás 18 h na praza de San Fernando onde se poderán degustar viños Quinta Couselo, Terras Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona e concerto de Best Boy ao prezo de 2€. E a banda tudense Best Boy, liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuará novamente na cidade.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, manifestou que é un orgullo que este programa promovido por Eu Rural se peche en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, e que amais o faga cun grupo tudense. Destacou o rexedor a importancia de actividades coma ésta que poñen en valor un ben inmaterial coma é o Camiño de Santiago.
Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, destacou o obxectivo do programa que é promocionar os produtos locais presentando ao tempo unha alternativa de ocio con música. Destacou tamén a boa acollida que tivo “Música e Viño no teu camiño” na Guarda e en Redondela onde se celebraron xa eventos similares aos de Tui.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convida a asistir e disfrutar deste evento este domingo na cidade.
Ángel Sánchez, destacou que para Best Boy é un pracer volver a tocar en Tui, nun concerto que para eles será moi especial ao ser un reencontro con amigos e público. Destacou tamén como a Cultura xoga un papel moi importante na potenciación do turismo e do desenvolvemento.
Sem comentários:
Enviar um comentário