quarta-feira, 9 de outubro de 2019

Xosé Tomás imparte este xoves un obradoiro de ilustración na Biblioteca Pública Municipal de Tui

É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA PROPIA BIBLIOTECA. VAI DIRIXIDO A NENOS E NENAS DE 8 A 12 ANOS.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro de ilustración a cargo de Xosé Tomás. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.
Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que se deberán inscribirse previamente, de forma gratuíta, na propia biblioteca.
Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.
A programación do Día da Biblioteca en Tui continuará o xoves, 17 de outubro, ás 18 h, co Bardo Abelardo e o conto cantado “A música da auga” co Bardo Abelardo. Vai dirixido a rapaces e rapazas de ata 11 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade do local. Mentres o xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18 h terá lugar a ilustradora, contacontos e animadora da lectura conducirá a actividade “A pirata escarlata”. Nesta ocasión os destinatarios son nenas e nenos de 4 a 11 anos.
Estas tres actividades pertencen ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.
O programa continuará o sábado 26 ás 12 h cunha Ruta Literaria  guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Consistirá nun percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras. Os interesados teñen que estar ese día un pouco ante das 12 h na biblioteca onde comezará a ruta.
Amais destas actividades do luns 21 ao domingo 27 de outubro a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros, descatalogados ou procedentes de doazóns, a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.

Sem comentários:

Enviar um comentário