Estarán en Caldelas, Paramos, Ribadelouro e Pexegueiro
A próxima semana rematan as reunións que o equipo de goberno de Tui está a manter coa veciñanza das distintas parroquias tudenses. O obxectivo destes encontros, que se celebraron xa Areas, Malvas, Baldráns, Rebordáns, Guillarei e Randufe, é coñecer as necesidades de cada parroquia da man dos propios veciños e veciñas. As persoas que asisten poden formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.
Hoxe venres a cita será ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis. Xa o luns a reunión será en Caldelas, o martes en Paramos, o mércores en Ribadelouro e por último o xoves en Pexegueiro. Todas as reunións serán ás 20 h na casa cultura de cada unha destas parroquias.
CALENDARIO DE REUNIÓNS DO EQUIPO DE GOBERNO NAS PARROQUIAS
Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis
Luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural Caldelas
Martes, 19 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Paramos
Mércores, día 20 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Ribadelouro
Xoves, día 21 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Pexegueiro
Sem comentários:
Enviar um comentário