Será este domingo ás 12 h na Casa Cultural de Caldelas. Está organizada polo Concello e a Asociación Cultural A Insua
A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio “Lindbergh en Caldelas”, cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño.
A charla correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico do Arquivo, Museo e Biblioteca do Concello de Tui, e de Jose Manuel do Souto Pereira Gomes, piloto, instrutor de voo, socio fundador do Aeroclube de Cerval e director do aeródromo de Cerval, en Valença.
Con este evento o Concello de Tui e os veciños de Caldelas queren darlle visibilidade aos feitos históricos acontecidos o 13 de novembro de 1933. Nesa data o aviador norteamericano Charles Augustus Lindbergh e a súa dona Anne Spencer Morrow tiveron que realizar unha amerizaxe no río Miño, entre a parroquia tudense de Caldelas e a freguesía valenciana de Friestas, cando estaban a realizar a volta ao mundo no seu hidroplano Albatros. Debido ao mal tempo amerizaron nunha zona de augas tranquilas, descoñecendo que estaban na fronteira hispano portuguesa. Procedían de Santoña, onde o mal tempo lles obrigara tamén a amerizar no Cantábrico, tras iniciar a ruta no Lago Constanza en Suíza con destino a Lisboa.
Sem comentários:
Enviar um comentário