Hoxe luns é inaugurado en Tui o Telecentro desta cidade, integrado na Rede de Telecentros de Comunicación que promove a Secretaria Xeral de Comunicación, da xunta de Galicia.
O Telecentro de Tui estará situado no primeiro andar do Edificio “Área Panorámica” (rúa Colón, 2).
Este centro, que forma parte da Rede de Telecentros de Comunicación da Xunta de Galicia, concíbese como un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais, multimedia, etc.) dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.
Sem comentários:
Enviar um comentário