sexta-feira, 31 de outubro de 2008

“XORNADAS DE PORTAS ABERTAS” NO TELECENTRO DE TUI

O vindeiro luns, 3 de novembro, o Telecentro de Tui comezará a realización dunhas “xornadas de portas abertas” dirixidas a toda a poboación tudense para a difusión dos recursos que ofrece á cidadanía este novo equipamento do Concello tudense.

Así de luns a venres de 12,00 a 14,00 horas aqueles veciños interesados en coñecer este Telecentro poderán acceder aos recursos dos que dispón este servizo municipal, que tenta superar a fenda dixital que sofren os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma no acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación. Estas “xornadas de portas abertas” serán do 3 ao 14 de novembro de 2008.

Os obxectivos do Telecentro de Comunicación son os seguintes:
Ser un espazo aberto de comunicación.
Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

Este Telecentro atópase situado no primeiro andar do edificio Área Panorámica, na céntrica rúa Colón da nosa cidade, e está integrado na Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia que xestiona, de forma coordinada, esta rede coa posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Sem comentários:

Enviar um comentário