A Coral da S. I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui ofrecerán o último concerto de 2010. Ás entradas están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo único de 2€
A programación cultural de Tui péchase mañá mércores, 29 de decembro, co tradicional concerto de Fin de Ano para o que a Concellería de Cultura confía en dúas agrupacións locais coma son a Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui. Estas dúas agrupacións son protagonista dende hai máis dunha década deste evento musical que pecha o ano musicalmente na cidade. A cita será mañá mércores, ás 21h no Teatro Municipal de Tui.
A Coral da S.I. Catedral, dirixida por Don Angel Viro Caamaño e dirixida por Don Agustín Sobral Rodríguez, interpretará: Gloria In Excelsis Deo, Martinez Posse; Navidad, Navidad, Navidad, A. Machín; La Sirena (habanera), Arm. Rey Rivero; La Golondrina (habanera), Juárez; Negra Sombra, Juan Montes; Caminemos, Heriverto Martins; Tannhauser (C. Peregrinos), R. Wagner; El Peregrino, Arranxos de Angel Viro.
Mentres a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Don Adolfo Besada vai ofrecer: Santander (pasodoble) E. Rosillo Katiuska – 1ª fantasía P. Sorozabal Voces de Primavera (vals) J. Strauss Danubio Azul (vals) J. Strauss Tronos e relámpagos J. Strauss Radetzky (marcha) J. Strauss.
Para rematar as dúas agrupacións interpretarán de xeito conxunto Nabuco e a Adeste Fidelis.
As entradas están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo único de 2€ ata o mércores ás 12h e logo a partir das 19.30h pódense adquirir no despacho de billetes da Área Panorámica.Concerto de Fin de Ano
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Mércores, 29 de decembro ás 21h
Entradas: 2€
Venda de localidades: en www.culturatui.info ata o mércores ás 12h ou o mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes da Área Panorámica
Sem comentários:
Enviar um comentário