As gravacións terán lugar ao longo de toda a próxima semana en distintos escenarios do conxunto histórico
O próximo luns comezará en Tui a rodaxe da serie de televisión “Piratas”, que emitirá Telecinco, protagonizada entre outros por Pilar Rubio.
Piratas é unha serie de aventuras ambientada no século XVIII cunha estética moi coidada e gravada na súa maior parte en decorados naturais. A produtora Producciones Mandarina S.L. elixiu Tui para rodar algunhas das secuencias desta serie ao longo do catro días, do luns 20 ao xoves 23 de decembro dende ás 7 da mañá a 19.30h. Para iso o equipo de gravación chegará xa a Tui este domingo para ir preparando os lugares onde se realizará a gravación.
Sem comentários:
Enviar um comentário