quarta-feira, 20 de setembro de 2017

Tui impartirá tres cursos de Formación Ocupacional nos próximos meses

A Consellería de Economía e Industria concedeu ao concello unha achega de 116 mil euros para estas actividades
O Concello de Tui vai impartir nos próximos meses tres cursos de Formación Ocupacional, para os que recibiu unha achega de 116.466€ por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os cursos a impartir serán Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas, con 298 horas lectivas, Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica, con 558 horas, e Montaxe de mobles e elementos de carpintería, de 538 horas.  As persoas interesadas en realizar algún dos cursos deben dirixirse á Oficina do Servizo Público de Emprego. Para os cursos de Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas e Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica non é preciso ter ningún requiso previo en canto á formación, mentres que para o de Montaxe de mobles e elementos de carpintería é preciso estar en posesión do título da ESO ou similar. 

Sem comentários:

Enviar um comentário