É o paso previo para poder realizar o desentullo da área afectada pola explosión do pasado 23 de maio
O Concello de Tui encargará un estudo de xestión de residuos da zona afectada pola explosión de material pirotécnico acontecida o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos. Así foi acordado hoxe na reunión de coordinación celebrada no Centro de Afectados coa participación de representantes do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, e a Plataforma de Afectados.
Ao remate da xuntanza o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indicou que este estudo de xestións de residuos será o que se teña en conta para poder solicitar ofertas as empresas interesadas en realizar o desentullo da zona. Sinalou o rexedor que será un proceso complexo con moitas implicacións tanto medioambientais coma urbanísticas.
Tamén hoxe se deu a coñecer que o Concello vai contratar ao arquitecto Rubén Vázquez coma xerente para xestionar todo o vinculado con esta catástrofe no eido urbanístico, coordinar a atención urbanística aos afectados e as actuacións entre as distintas administracións. Nese senso tamén se está a traballar para poder dotar de máis persoal ao gabinete urbanístico no centro de afectados con contratacións interinas.
Sem comentários:
Enviar um comentário