terça-feira, 12 de junho de 2018

Unha nena podería sufrir amputación das pernas tras envocar o vehículo no que viaxaba en Tui

Unha menor quedou atrapada no interior dun vehículo que envorcou en Tui (Pontevedra) despois de chocar contra outro turismo e tivo que ser excarcerada polos bombeiros, nun sinistro ocorrido na noite deste domingo. Segundo fontes presencias consultadas por este medio, a nena podería sufrir a amputación das pernas.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 00,30 horas mediante a chamada de alerta dun particular que avisou dunha colisión entre dous turismos na A-55 en dirección sur, ao paso por Guillarei.
Na chamada de aviso indicábase que un dos vehículos estaba envorcado e que podía haber algunha persona atrapada no interior. Efectivamente, unha menor necesitou da intervención dos bombeiros de Baixo Miño para poder saír do vehículo e ser atendida polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias desprazados no lugar do accidente.
Unha vez liberada, a menor foi evacuada nunha ambulancia, xunto con outra persona implicada no sinistro, que tamén necesitou asistencia médica.
Xornal de Vigo

Sem comentários:

Enviar um comentário