segunda-feira, 25 de junho de 2018

O Concello de Tui solicita 500 mil euros ao abeiro do Plan Depo-Remse para reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos

O Concello de Tui vén de solicitar á Deputación de Pontevedra 499.815,97 ao abeiro do Plan Depo-Remse para a reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos, afectado pola explosión do pasado 23 de maio.
En concreto na solicitude presentada contémplase o asfaltado e pintado da sinalización horizonal en 13.855 metros cadrados de viais no barrio da Torre, a reposición de servicios varios de canalización e a substitución do alumeado público, báculos e colocación de luminarias led en 111 puntos de luz. Tamén se solicita o financiamento para a preinstalación de 10 mil metros de tubaxes para canalizar o cableado de telefonía e doutros servizos.

Sem comentários:

Enviar um comentário