“Neo-retranca e post-morriña” é o título da última montaxe do Centro Dramático Galego que este venres, 10 de maio, ás 20.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui.
A obra escrita por Esther F. Carrodeguas, Roi Vidal Ponte está dirixida por Gena Baamonde. Sobre o escenario estarán dez actores e actrices Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde
Recomendada: +14
Duración: 150 min. (con descanso)
Idioma: galego
Ironía e humor negro acompañados dunha crítica irreverente para deixar atrás algunhas certezas con aparencia de verdade que xa non lle acaen a case ninguén.
Imaxinación dunha Galicia posible que aínda non coñecemos e que, así e todo, non deixamos de estrañar. Saudades dun territorio aberto e por explorar. Dúas pezas sobre un mesmo sentir: a identidade galega como busca incesante.
Sem comentários:
Enviar um comentário