domingo, 5 de maio de 2019

Novas actividades da Asociación Xuntanza de Randufe(Tui)

Día da Nai
O Día 5 de maio ás 18:00 horas teremos o Festival do Día da Nai, 
No que contaremos coa presentación do grupo de Playbacks da nosa asociación e coa actuación do grupo de teatro infantil "Pantuflas Verdes e os Remolóns". Presentan a súa obra "O Titanic que nunca afundiu", aventuras e desventuras duns pasaxeiros moi rocambolescos que pasan no Titanic unha estancia moi singular e divertida.
E por se isto fora pouco, todas aquelas nais que asistan serán agasalladas cun bonito detalle. Ademais todos os/as socios/as asistentes entrarán nun sorteo directo.
Data: domingo 5 de maio de 2019. 
Hora: 18:00h, casa cultural de Randufe
Aproveitamos a ocasión para felicitar a todas as nais e ás futuras mamás. PARABÉNS!
Excursión ao Fuciño do Porco e Viveiro
"O Fuciño do Porco", coñecido con este nome pola forma coa que se presenta o seu perfil ante os mariñeiros da zona que o avistan dende o mar, é un pequeno saínte costeiro entre as praias de Abrela e San Román.
O acceso a este lugar prodúcese a través da praia de Abrela, comeza nunha pista forestal de 1,3 km de percorrido para facer a pé que desemboca nun tramo de 400 m de pasarela entre acantilados que permiten o mantemento dunha pequena baliza marítima que marca o extremo occidental da ría de Viveiro.
Ao mediodía comeremos no Monte San Roque, onde as vistas da ría son espectaculares. Conta cunha capela que data do século XVI e cunha reserva de animais en catividade.
Pola tarde visitaremos o casco histórico de Viveiro acompañados dun guía. Consiste nun percorrido dunhas 2 horas na que se explicarán os diferentes puntos de interese da Vila. Ademais visitaremos diferentes templos, entre eles o claustro do convento de San Francisco, onde realizaremos a visita á exposición permanente de varias imaxes da Semana Santa de Viveiro. Por último percorreremos algunhas antigas rúas gremiais e as prazas do casco histórico.
Unha boa oportunidade para estarmos xuntos, en familia e para coñecer a mariña lucense!!
• Data : domingo, 2 de xuño. 
• Saída: ás 8:00h na casa cultural de Randufe (autobús). 
• Regreso: aproximadamente ás 22:00h. 
• Xantar: por conta de cada excursionista. 
• Prezos: 20€ socios, 25€ non socios, 12€ nenos ata 12 anos. (Inclúe viaxe en autobús, guía e seguro) 
• Inscricións: chama ou envía un Whatsapp ó teléfono 646 646 500. 
• Pagamento: os luns 20 e 27 de maio ás 21:30h, na casa cultural, estarán membros da directiva para recoller o diñeiro e informar de calquera dúbida. 
*Cando te inscribas lembra levar o teu DNI, que tamén deberás portar o día da excursión.
Data límite de inscricións: luns 27 de maio. Prazas limitadas. 
*Como os prezos son axustados precisamos un grupo mínimo de 55 persoas.
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário