segunda-feira, 6 de maio de 2019

O Concello de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio de colaboración anual por importe de 15.000€ de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio de colaboración anual por importe de 15.000€

O IKFEM, FESTIVAL INTERNACIONAL DE INSTRUMENTOS DE TECLA, VAISE CELEBRAR DO 14 AO 21 DE XULLO. VOLVERÁN RECUPERAR COMO ESCENARIO A VELLA PONTE INTERNACIONAL
Tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença.  Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.
Tras a aprobación en pleno do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e o festival, o evento musical recibirá unha achega anual da administración local por valor de 15.000€. Será un convenio que “afiance a relación entre ambos e xerará sinerxías na creación do programa e actividades” segundo a directora do IKFEM, Andrea González.
Esta sétima edición celebrarase baixo o lema “Music and Fashion”  do 14 ao 21 de xullo, ampliando a sete días a súa programación. Ademáis, este ano van a recuperar como escenario a Vella Ponte Internacional.
O alcalde de Tui, Carlos Váquez Padín, destacaba a importancia de apoiar este festival xa que é un dos puntos clave do Plan Estratéxico de Turismo de Tui para atraer visitantes á cidade. Apuntaba que con esta sinatura “se vai estruturando o calendario cultural de maneira estable, con pretensión de continuidade e de fortalecemento dos eventos como unha forma de reforzar a marca Tui e Eurocidade”.

Sem comentários:

Enviar um comentário