A competición comezará ás 11 h. Os participantes terán que realizar un percorrido no Miño estilo slalom.
Tui acolle este sábado, 11 de maio, a primeira proba do IV Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui. O sábado dende ás 11 h no CETD (Centro Interfederado de Remo e Piragüismo) competirán deportistas con e sen discapacidade.
Trátase dunha competición de regularidade, na que os participantes deberán realizar un percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla, con diferentes probas: recollida de pelota ou balón, fondeo da embarcación, marcha atrás, zona de aro, amarre e, por último, proba de lance. A entrega de premios está prevista para ás 14 h.
A inscrición previa realizarase no Club Sen Amarras no teléfono 986 62 30 44.
Sem comentários:
Enviar um comentário