terça-feira, 20 de agosto de 2019

Nas próximas semanas contrataranse aos catro titulados do Plan O Teu Primeiro Emprego

OS INTERESADOS DEBEN INSCRIBIRSE CO CÓDIGO CORRESPONDENTE NA OFICINA DE EMPREGO
O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos  de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.
Tratarase de contratos en prácticas cunha duración de 6 meses, prorrogables. O obxectivos destas contratacións é o fomento da empregabilidade dos titulados, brindándolles a oportunidade de adquirir experiencia laboral para posteriormente poder incorporarse ao mercado laboral.
Os requisitos a cumprir polos e polas aspirantes serán:
Estar inscrito nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego desempregados ou co cartón de mellora de emprego no Código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.
Estar en posesión da titulación requirida para o posto de traballo a desempeñar.
Non ter transcorrido máis de 5 anos desde a terminación dos estudos ou 7 no caso de persoas con discapacidade.
Non ter estado contratado/a en prácticas pola mesma ou distinta empresa por tempo superior a 2 anos, coa mesma titulado que a requirida neste proceso selectivo
Os méritos a valorar serán os previstos no anexo V, punto 3; das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O teu primeiro emprego"  publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 92 do 15 de maio de 2019.
Os códigos de ocupación para cada titulación son os seguintes:
Guía de turismo  (código nacional de ocupación 58 251.029): Ciclo superior en guía, información e asistencias turísticas.
Xornalista (código nacional de ocupación 29.221.044): Licenciatura / grao en xornalismo.
Técnico en audiovisuais (código nacional de ocupación 3.831.103): Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos.
Enxeñeiro técnico forestal (código nacional de ocupación 24.251.011): Enxeñeiro técnico forestal /Grao en enxeñería forestal e do medio ambiente.
As persoas interesadas en participar nestes procesos selectivos deberán inscribirse na Oficina de Emprego no código correspondente a cada titulación.

Sem comentários:

Enviar um comentário