ENTRE AS OBRAS FIGURAN O ACONDICIONAMENTO DOS XARDÍNS DE TRONCOSO, A ORDENACIÓN DA ROTONDA DE GUILLAREI, PAVIMENTACIÓN DE VIAIS OU A REFORMA DO EDIFICIO DO CONSERVATORIO
O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial.
Durante este primeiro mes e medio de mandato o goberno municipal priorizou a licitación destas obras, que representan a metade dos proxectos presentados no seu día ao Plan Concellos 2017, e agora a súa principal preocupación é cumprir co prazo de remate das obras.
En concreto as obras que se veñen de licitar son
Acondicionamento dos xardíns Troncoso
Ordenación da rotonda de Guillarei
Pavimentación dos viais situados en Bouzabalada e Figueira, en Areas
Pavimentación do vial que une Chans, en Randufe, con Circos, en Pazos de Reis.
Regulación semafórica na intersección das rúas Calzada e Avenida da Concordia
Construción dun muro na nave de Guillarei
Reforma do Conservatorio de Música.
O goberno municipal no último trimestre deste ano agarda licitar a totalidade das obras do Plan Concello 2018, e a comezos de 2020 licitas as correspondente a este 2019, para ir cumprindo así coas anualidades e prazos de execución previstos.
Outra das prioridades neste momento é a licitación do plan Deporemse, cun orzamento de 500 mil euros, para a urbanización do barrio da Torre en Paramos, que contempla a reposición de servizos. Dende o Concello presentouse á Deputación un modificado do proxecto inicial para melloralo, estando pendentes de aprobación por parte da institución provincial esa modificación. Unha vez se conte co visto e prace poderase proceder a súa licitación, xa que os pregos están xa redactados.
Sem comentários:
Enviar um comentário