sábado, 21 de setembro de 2019

Historia de Tui, vida sa e novas tecnoloxías centran o “Programa de Maiores. Mareas de Coñecemento e experiencia” que se impartirá en setembro

ESTÁ ORGANIZADO POLA CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E EMPREGO DO CONCELLO DE TUI E A UNIVERSIDADE DE VIGO
A Concellería de Formación e Emprego do Concello de Tui e a Universidade de Vigo, van levar a cabo o “Programa de maiores. Mareas de Coñecemento”. Trátase dunha actividade formativa gratuíta para persoas maiores de 55 anos que se vai realizar do 23 ao 30 de setembro en horario de tarde.  Contará cunha duración de 15 horas de formación teórica e práctica a cargo de profesorado do Programa Universitario de Maiores, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deportes e da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
Esta actividade estruturarase en tres seminarios con cinco horas de duración cada un deles.  
O primeiro “Arte e Historia” celebrarase o luns 23, de 17 a 19 h, cunha sesión divulgativa sobre “Ruta do patrimonio xudeu, Contos e lendas da zona vella” na que abordará a zona monumental, o patrimonio xudeu, contos e lenda da zona vella, e pasadizos de canellas. O martes 24, de 16 a 19 h, terá lugar a parte práctica cunha ruta polo conxunto histórico.
O segundo seminario “Saúde, benestar e deporte” constará dunha parte teórica o mércores 25 de setembro, de 17 a 19h , sobre a “Contorna natural. Alimentación e saúde” e unha segunda parte práctica o xoves 26, de 16 a 19 h, que consistirá na realización dunha ruta cardio-saudable pola Senda do Lagartón.
Por último no terceiro seminario “Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil” abordarase a configuración de teléfonos móbiles, whatsapp, facebook, apps de calendarios de vacinacións e medicacións, apps de localización de persoas, apps de contaxe de pasos e actividades saudables. Será o venres 27 e o luns 30 de setembro combinando parte teórica e práctica.
A parte teórica dos dous primeiros seminarios terá lugar na aula de San Domingos, e o terceiro seminario desenvolverase na aula CeMIT da Área Panorámica.
Ofértanse 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse no Centro Municipal de Formación, presencialmente en Guillarei ou por teléfono de luns a venres de 9 a 14h ou no correo  electrónico cfo@tui.gal enviando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto.
Programa de maiores. Mareas de Coñecemento
Seminario I «Arte e Historia»
Profesorado do Programa Universitario de Maiores. Aula San Domingos. C/Antero Rubin 41-51
23 de setembro, de 17.00 a 19.00 h.
Sesión divulgativa: «Ruta do patrimonio xudeu. Contos e lendas da zona vella»
24 de setembro, de 16.00 a 19.00 h
Visita cultural: Ruta pola zona monumental.
Seminario II «Saúde, benestar e deporte»
Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Aula San Domingos. C/Antero Rubin 41-51
25 de setembro, de 17.00 a 19.00 h
Sesión divulgativa: «Contorna natural. Alimentación e saúde»
26 de setembro, de 16.00 a 19.00 h
Ruta cardio-saudable : Ruta do regato Lagartón
Seminario III «Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil»
Profesorado da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Aula Cemit, Área Panorámica. Rúa Colón 2
27 de setembro, de 17.00 a 19.00 h
Sesión teórico-práctica 1: O teléfono móbil. Configuración básica. WhatsApp e Facebook.
30 de setembro, de 17.00 a 20.00 h
Sesión teórico-práctica 2: Outras aplicacións. Calendarios de vacinación e medicacións, Petición de citas médicas, Localización de persoas, etc.

Sem comentários:

Enviar um comentário