Non podía comezar de mellor xeito para os intereses españois e galegos no mundial que se está disputando ao longo desta semana no Parque Olímpico da Seu D’Urgell. A patrulla española de C1 HOME SENIOR inauguraría o medalleiro español no mundial ao ser prata por detrás da xa nove veces consecutivamente campioa Eslovaquia. Ademais do medalleiro español, tamén se inauguraría o medalleiro galego ao estar a patrulla española composta polo padexeiro de Salceda de caselas Luis Fernández. Na categoría de patrullas do k1 masculino obteríase o ouro cunha gran actuación do equipo español tamén.
A racha non pararía e seguiría cunha gran medalla de prata da patrulla das rapazas en C1 SENIOR, patrulla integrada pola padexeira do PENEDO TEIMPORTA Ainhoa Lameiro que fixo un papel brillante xunto as padexeiras Klara Olazabl e Nuria Villarubla. Lograron firmar o mellor tempo e tan só as penalizacións lles impediron subir ao máis alto do podium!!
Deste xeito, a nosa padexeira Ainhoa Lameiro comeza de forma inmellorable neste mundial cun subcampionato do mundo!!, mundial onde están en xogo as prazas olímpicas para Tokyo, facendo historia xunto a Luis Fernández neste campionato do mundo!!
Noraboa a todo o equipo español, ao slalom galego e moi especialmente a Ainhoa Lameiro do PENEDO TEIMPORTA, subcampioa do mundo!!
in clubpiraguismopenedo.
Sem comentários:
Enviar um comentário