O próximo venres, 13 de febreiro, o Teatro Municipal de Tui acollerá en concerto á Real Filharmonía de Galicia. Este evento musical chega a Tui grazas á Fundación Caixanova quen nunha nova ocasión volver colaborar co Concello de Tui apostando pola súa actividade cultural.
A Real Filharmonía de Galicia actuará o próximo venres, 13 de febreiro, ás 21.30h no Teatro Municipal con Tuomas Ollilla-Hannikainen coma director convidado, e coma Daniel Hope coma violisnista. No programa interpretarán o Concerto para violín num.2 en sol menor de Sergei Prokofiev, Obertura dos esclavos felices de Juan Crisóstomo Arriaga, e a Sinfonía num.6 en re menor de Johann Wilhelm Wilms.
As entradas teñen un prezo de 9€ , 7,20€ con desconto e para os menores de 12 anos, e están xa á venda en www.caixanova.es, na billeteira telefónica 902 504 500 ou o venres próximo dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.
Concerto da Real Filharmonía de Galicia
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres 13 de febreiro ás 21.30h
Prezos: 9€ - 7,20€ con desconto e para os menores de 12 anos
Venda de entradas: en www.caixanova.es no 902 504 500 ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica.
Sem comentários:
Enviar um comentário