O prazo de inscrición está aberto até o próximo martes día 10. O martes 24 de febreiro, festivo local, vaise celebrar en Tui o Desfile Concurso de Entroido, polo que a Concellería de Cultura de Tui vén de abrir o prazo de inscrición ao tempo publicita as bases rexeran este evento. Dende o Departamento de Cultura introducíronse este ano unha serie de modificacións co obxecto de fortalecer esta celebración.
O prazo de inscrición está aberto dende este luns até o próximo martes día 10, debendo realizarse no Departamento de Cultura do Concello de Tui no impreso normalizado para tal fin, en horario de 9 a 14h. Establécese a participación dun máximo de vinte comparsas, por orde de inscrición, coa salvedade de que nunca unha comparsa de Tui quedaría fóra do desfile.
Neste concurso poderán participar comparsas integradas por un mínimo de vinte e cinco persoas disfrazadas, que poderán ir acompañadas de carroza, cun máximo de catro metros de altura, e de acompañamento musical, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais.
O Desfile-Concurso de Entroido celebrarase o martes de Entroido, 24 de febreiro, Festivo Local en Tui, dende ás 18 horas, nun circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. O xurado terá en conta coma méritos a calidade, orixinalidade, a dificultade de realización, e a acollida por parte do público. O xurado poderá amais declarar deserto un ou varios premios, así coma diminuír a contía dos accésits outorgados por participación.
Sem comentários:
Enviar um comentário