A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acollerá mañá venres 6 de febreiro, ás 20,30 horas, a inauguración da exposición “Retrospectiva” da artista tudense Ritta Bremer, organizada pola propia pintora coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.
Nada en Alemaña reside en Tui dende nena, Ritta é unha pintora autodidacta, licenciada en Historia da Arte e con estudos de debuxo e deseño gráfico. Como ela mesma relata “dende pequena coloreaba os meus contos e aos trece anos comecei a pintar…”. Pinta con variadas técnicas: óleo, acuarela, acrílico, plumiña, esmalte, carbonciño, pastel.., tendo realizados tamén achegamentos ao gravado en madeira e espello.
Sem comentários:
Enviar um comentário