terça-feira, 3 de agosto de 2010

A Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao en concerto

Será este xoves ás 22h no Teatro Municipal Baixo o título “Música para gozar” propoñen unha viaxe musical

O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 5 de agosto, ás 22h, á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao en concerto. Este evento musical forma parte da programación cultural do Concello de Tui e chega á cidade grazas ao patrocinio de Caixanova.
A orquestra conta na actualidade con 30 compoñentes. Este verán están a facer unha xira de concertos baixo o título de “Música para gozar”, coa que chegará este xoves a Tui. Ofrecerán unha viaxe musical na que farán un percorrido pola música rusa, a de París, a zarzuela, os pasodobres, e inclúen tamén algunha peza galega coma “Ponteareas” e “Negra Sombra”.
A Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao caracterízase pola súa posta en escena, a súa impactante sonoridade e a forza e a paixón das súas interpretacións. As mesmas están caracterizadas pola orixinalidade e calidade dos arranxos e adaptacións do seu amplo e variado repertorio que abrangue diferentes estilos musicais. Esta agrupación creouse no ano 1963 da man do mestre Josu Loroño coa idea de “interpretar a gran música co acordeón”. Na actualidade a orquestra está dirixida por Amagoia Loroño.
As entradas para o concerto son gratuítas, e deben retirarse dende ás 21.30h no despacho de billetes da Área Panorámica, cun máximo de dúas persoas.
Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao
  • Xoves, 5 de agosto, ás 22h
  • No Teatro Municipal
  • Entrada gratuíta. Retirar un máximo de 2 por persoa dende ás 21.30h

Sem comentários:

Enviar um comentário