A praza de San Fernando acolle este venres, 6 de agosto, ás 22.30h a proxección de “Lluvia de Albóndigas” dentro do “Cinema na rúa” que se enmarca na programación cultural organizada pola Concellería de Cultura.
Este é un filme de animación para todos os públicos cuxo protagonista é Flint Lockwood un invento novato. Este, sen darse conta, creou un xeito de que caia comida do ceo, e de que as nubes se convertan en hamburguesas. Co seu invento salta a fama e o Alcalde da cidade contrátao para mellorar a economía local. No medio do seu éxito preocupase polas consecuencias da súa creación coma un tornado de pasta e albóndegas. A película é unha parodia de filmes de catástrofes coma Armageddon, Twister ou Independence Day.
A seguinte cita co “Cinema na rúa” serán o venres 20 de agosto coa proxección de “Planet 51”.
Cinema na rúa: “Lluvia de albóndigas”
- Venres, 6 de agosto, ás 22.30h
- Na Praza de San Fernando
Sem comentários:
Enviar um comentário