Hai mes a subdelegada do goberno visitou Tui, e hoxe dende o Concello remitiuse unha memoria valorada
Esta mañá remitiuse dende o Concello de Tui unha memoria valorada ao Ministerio de Fomento, a través da subdelegación do goberno en Pontevedra no que se solicita a transformación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento cara o cruce da Guarda e a rúa Tenencia.
Dende o Concello, segundo explica o alcalde, Carlos Vázquez Padín, solicítase ao Ministerio de Fomento unha actuación integral nesta zona da súa competencia tendo en conta que é a entrada a Galicia dende Portugal e que forma parte do Camiño Portugués a Santiago. En concreto demándase a mellora urbana de toda a zona, embelecendo este vial, creando amais unha rotonda no cruzamento entre a Avenida de Portugal e a rúa Tenencia e a estrada da Guarda, co que mellorar amais a seguridade vial na zona.
Hai un mes o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Obras, Antonio Castro, estudaron in situ as actuacións a acometer coa subbdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Ana María Ortiz.
Sem comentários:
Enviar um comentário