Ao tempo demándase a revisión do alumeado e a colocación dalgún punto de luz novo
O Concello de Tui dirixiuse á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, solicitando a revisión e mellora dos datos incluídos nos paneis informativos situados na autovía A55 e ao seu paso polo termo municipal de Tui.
En concreto dende o concello solicítase a instalación de paneis turísticos reflectindo o conxunto histórico de Tui, declarado coma tal en 1967, e que forma parte do catálogo SISTHO dende 1998.
Por outra parte debido a que a información está incompleta nalgúns dos sinais se solicta na saída 29 en dirección a Portugal incluír “Portugal. Tui (Sur). A Guarda. Pol. Industrial Areas”, para deste xeito evitar coma acontece con frecuencia que os condutores que descoñecen a zona tomen a saída cara Gondomar, pensando que é a última antes de entrar a Portugal. Do mesmo xeito na saída 30 suxírese ampliar a información colocando “Portugal. Valença. Porto”, e engadir na saída o Polígono de Areas que arestora non figura.
Mentres na saída 23, tanto en sentido Portugal coma en sentido Vigo, solicítase incluír xunto ao Cerquido, Ribadelouro, xa que é o principal acceso a esta parroquia tudense.
Amais tense solicitado tamén a revisión do alumeado na A55 no tramo tudense xa que dende o concello tense constatado que hai varias farolas apagadas ou fundidas, e noutros puntos a iluminación e moi deficiente. Ao tempo tamén se demanda iluminar os acceso á A55 e a curva existente na saída 30 o que redundará nunha mellora da seguridade vial.
Sem comentários:
Enviar um comentário