Tivo lugar na casa do concello de Tui a formalización da aceptación da cesión de bens da Fundación Teatro Principal ao concello. No acto estiveron o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente da Fundación Teatro Principal de Tui José Antonio Quiroga e a secretaria Ester Casal.
A Fundación Teatro Principal de Tui doou 5.925€, que tiña no seu haber, condicionado á publicación do recen editado libro de Suso Vila sobre o propio teatro. A doazón inclúe 20 camisetas co lema “Renace o Teatro Principal de Tui” da primeira campaña recadatoria, 87 copias de fotografías relacionadas coa actividade do teatro, 80 títulos de accións de copropietarios subscritas o día 31 de decembro de 1892 e unha póliza de operación ao contado do 28 de xuño de 1960, e dous rótulos de porcelana de “plateas pares” e “plateas impares” recollidas nas ruínas do teatro. Todo este material pasará a formar parte do Arquivo Municipal.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, tivo palabras de agradecemento á fundación polo seu traballo a prol do teatro e o seu labor “para a divulgación do patrimonio histórico e a creación de conciencia social da necesidade de rehabilitar este espazo póndoo na axenda nos últimos 20 anos”.
O presidente da Fundación Teatro Principal, José Antonio Quiroga, pediu a próxima corporación, resultante das eleccións do 26 de maio, que recolla a testemuña da actual na redacción do proxecto para a rehabilitación do teatro.
Sem comentários:
Enviar um comentário