FORMA PARTE DO PROGRAMA “COAS MANS NA MASA” QUE PROMOVE A ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO GALICIA SUROESTE EURURAL
Doce persoas están a participar esta semana en Tui no itinerario formativo dedicado á elaboración de conservas artesanais e naturais. Este curso forma parte do programa “Coas mans na masa” que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.
O curso comezou o luns, 6 de maio, no Centro de Formación Municipal, do Concello de Tui en Guillarei, continua hoxe e rematará mañá mércores.
Sem comentários:
Enviar um comentário