quarta-feira, 15 de maio de 2019

XXII Feira do Libro Galego

Data: 17/05/2019
Lugar:  Paseo da Corredoira
O Paseo da Corredoira acolle o venres, 17 de maio, de 12 a 20.30h a XXII Feira do Libro Galego coa participación das Librarías Iris e Espazo Lector Nobel.
O Día das Letras Galegas deste 2019 está dedicado a Antón Fraguas
Máis de dúas décadas leva Tui festexando as nosas letras coa Feira do Libro Galego coa colaboración das librarías locais. O amplo traballo editorial na nosa lingua queda reflectido nos 16 postos distribuídos ao longo do céntrico paseo tudense.
PROGRAMACIÓN
11:00 h  Acto de apertura
11:10 h  Grupo de pandereteiras As D’abadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas
11:30 h  Coral Ponte das Febres
12:00h  Concerto familiar de Urdime con “Fantasía musical”
13:00 h  Banda de gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei
16:00 h a 19:00 h Obradoiro de marcapáxinas con “En un Tris Tras”
17:30 h  Grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro
18:30 h  Contacontos de Culturactiva con “Bandullo azul:Flipa cos contos”
19:30 h  Teatro de rúa de Culturactiva con “Saaabor”
20:30 h  Coral do Centro Sociocomunitario de Tui

Sem comentários:

Enviar um comentário