O CAMBIO DE FALSOS TEITOS E SOLOS XUNTO AO PINTADO DE AULAS FORON PARTE DAS ACTUACIÓNS EXECUTADAS
Ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Tui está realizando distintas obras de mantemento nos centros escolares cun investimento de 40 mil euros de fondos propios. O arranxo de teitos, solos, valados, pintado de aulas son parte das actuacións realizadas. Debido a antigüidade dos centros educativos dende a concellería de Ensino son conscientes da necesidade doutras reparacións que se irán acometendo.
No CEIP de Rebordáns o Concello procedeu á reparación da fachada norte e ao cambio dos canalóns, amais do pintado interior e exterior do ximnasio.
No CEIP de Randufe levouse a cabo a substitución dos teitos da entrada e dunha aula, que estaban en mal estado. Amais pintáronse tres aulas e acondicionouse o patio escolar retirando un muro que había.
No CEIP de Pazos de Reis pintáronse dúas aulas, e acondicionouse a galería pechada, que se emprega coma aula de infantil, coa colocación dun novo solo. Tamén se adecentou exteriormente o centro.
No CEIP nº1 levouse a cabo o pintado dalgunhas aulas empregando cores máis suaves. As actuacións no CEIP nº2 centráronse na reparación do valado lindeiro co pavillón municipal, co obxectivo a medio prazo de substituílo completamente, e ampliouse o valado do areeiro.
Na aula de infantil do CEIP de Guillarei pulíronse e vernizáronse os chans, amais de selar un pozo negro no patio do centro, instalouse unha varanda para persoas con discapacidade, amais doutros arranxos menores.
Tamén se executaron arranxos en distintas aulas do CRA Mestra Clara Torres, e no CEIP de Caldelas, estando pendente neste centro unha obra de maior envergadura referida ao cambio de falsos teitos.
Sem comentários:
Enviar um comentário