PARTE DA OBRA FOI FINANCIADA CON CARGO AO PLAN CONCELLOS 2017 E OUTRA CON FONDOS PROPIOS
As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses.
Por unha banda investíronse 69.889,60 €, financiados ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, na renovación dos vestiarios creando vestiarios para o equipo local, o visitantes e os árbitros. Amais o Concello de Tui realizou un investimento de preto de 6 mil euros de fondos propios na renovación dos baños. En concreto a actuación executada supuxo a redistribución e optimización do espazo existente baixo a grada coa creación dos novos vestiarios os novos baños con zona de duchas, aseos, bancos e sala de enfermería. Renováronse as instalacións de fontanería, electricidade e saneamento, actuouse nas paredes, colocouse un pavimento vinílico antideslizante nunha superficie de 100 metros cadrados, e pintouse o muro.
Onte tivo lugar a inauguración das novas instalacións coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, o deputado de Cooperación, Santos Héctor e o presidente do Tyde FC, Elías Vieiro.
O campo Álvarez Durán é empregado polo Tyde, que subiu esta temporada a Primeira Autonómica, e onte xogaba o seu primeiro partido na casa no que empataron ante o Arcade.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou que esta obra foi proxectada en 2016, sendo moi necesaria xa que se refería á reforma dos vestiarios e mellora dos baños, co que se da cumprimento a unha vella demanda do Tyde FC. Pendente queda, explicaba o rexedor queda pendente o arranxo da cuberta nestas instalacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário