O Concello de Tui, dentro da súa aposta polo medio ambiente, a economía circular e a reciclaxe, vén de colocar vinte colectores de recollida selectiva no mercado semanal dos xoves.
En concreto trátase de dez colectores para a recollida de plásticos e envases e outros dez de papel e cartel colocados ao longo do Paseo da Corredoira, e as rúas Compostela, Mondoñedo e Lugo, lugares nos que se celebra os xoves o mercado semanal.
Deste xeito dende o Concello, segundo explica a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, búscase implicar aos vendedores que cada xoves acoden ao mercado semanal na cidade á reciclaxe, depositando o lixo que xeran – principalmente plástico e cartón - no contedor correspondente. Estes novos colectores son colocados cada xoves a primeira hora da mañá e retirados a primeira hora da tarde. Os mesmo contedores están feitos de material reciclado e son reciclables 100%.
Sem comentários:
Enviar um comentário