"Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural" é o lema deste ano do Nadal en Tui. Rúas e prazas acollen a decoración realizada para a ocasión empregando material de refugallo, e inspirada en parte no Camiño de Santiago.
Así unha gran frecha amarela co percorrido do Camiño Portugués a Santiago dan a benvida a peregrinos, tudenses e visitantes na praza de Fromista. O Camiño é tamén protagonista na praza de San Fernando aos pés da Catedral, onde amais dun sinalizador da ruta xacobea atopamos tres bicicletas nas que facerse unha foto en pleno Camiño de Santiago. Na praza do Concello emprázase un gran pergamino no que deixar desexos. Dous monecos de neve sitúanse na praza da Armada. Mentres na rúa Ordóñez unha frecha amarela do Camiño culmina unha árbore de eslabóns de madeira, nunha decoración na que están escritos os nomes de todas as parroquias tudenses. Ao seu carón os buzóns para deixar as cartas a Papa Noel ou aos Reis Magos, e Mate, a grúa de Cars, converteuse nun trono no que os máis pequenos poden fotografarse.
O Palco da Música no Paseo da Corredoira conta tamén con decoración especial ao igual que a praza da Inmaculada. Amais na rúa Ourense e na fachada da Área Panorámica sitúase un tren, uns simpáticos coelliños, ou un boneco de neve entre outros elementos.
Neste mapa figuran os distintos elementos decorativos
Sem comentários:
Enviar um comentário