SERÁ ESTE XOVES ÁS 17 H NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE TUI. É PRECISO INSCRICIÓN PREVIA
Obradoiros, contacontos, maxia, cinema son parte das actividades de Nadal para público infantil que forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural”.
A primeira destas actividades en celebrarase será o obradoiro creativo de globoflexia a cargo de Ian e Elisa que terá lugar este xoves, 19 de decembro, ás 17 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui.
Este obradoiro abre precisamente o programa “O Nadal na Biblioteca” promovido por este centro bibliotecario con actividades de animación dirixidas especialmente aos seus usuarios máis novos, atendendo ao seu protagonismo nestas xornadas navideñas. Estas actividades terán lugar os xoves 19 e 26 de decembro e o 2 de xaneiro ás 17 h.
O obradoiro creativo de globoflexia con Ian e Elisa vai dirixido aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idades. No mesmo os participantes gozarán aprendendo a facer globos, ao tempo que se estimulará a súa creatividade e a destreza, e se promoverá a lectura mediante varios contos. A parte final do obradoiro será con música na que os nenos e as nenas bailarán ao tempo que constrúen as súas creacións maxistrais.
Ian R. Hamilton e a tudense Elisa Alfaya Pérez son os responsables deste obradoiro. Contan cunha alongada traxectoria no mundo do espectáculo, tanto para adultos como para nenos.
Para participar nesta actividade é necesario realizar unha inscrición previa, que inclúe a autorización paterna na propia Biblioteca Municipal ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.
As seguintes actividades serán o xoves 26 de decembro una sesión de maxia con Samuel Moreno, para rapaces entre 3 e 12 anos e o xoves 2 de xaneiro un contacontos para bebés entre 0 e 3 anos de idade titulado “Os contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. Para ambas actividades tamén cómpre a inscrición previa.
Sem comentários:
Enviar um comentário