Este tempo de confinamento debido ao Estado de Alarma decretado para previr o contaxio do coronavirus COVID 19 pode ser aproveitado para completar o perfil curricular. Dende o departamento de Formación do Concello elaboraron esta listaxe de recursos de formación on line, que pode axudar a seguir medrando persoal e profesionalmente.
Acción Laboral
Acción Laboral ofrece formación gratuíta para persoas traballadoras por conta allea, autónomos e desempregados en moi diversos ámbitos. Novas tecnoloxías, servizos socioculturais, administración e xestión, comercio e márketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, son algúnas da áreas que abarca a súa oferta formativa.
ADECCO Formación
ADECCO pone a dipor máis de 70 programas formativos. Debido ao actual Estado de Alarma oferta durante dous meses de xeito gratuíto unha ampla gama de programas formativos. Até o 22 de maio pódese realizar a inscrición, e logo unha vez inscrito disponse de 10 días para realizar a formación.
Aprender Gratis
Plataforma que oferta cursos, titoriais e manuais de universidades que ofrecen os seus cursos en aberto e outros recursos da Administración.
Recompila máis de 2000 cursos gratuítos.
Aula 10 Formación
Aula 10 CEntro de Formación presenta formación on line en diversos sectores. Trátase de cursos para os que non se precisas coñecementos específicos de información, pódese ir ao propio ritmo, adaptados a calquera horario, e con titorización persoal.
Aula Mentor
Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Oferta un extenso catálogo de cursos cos que ampliar as competencias persoais e profesionais. Tra´tase dunha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, que conta coa colaboración doutras institucións públlicas e prviadas nacionais e internacionais.
O prezo dos cursos é de 24€/mes
Até o 8 de abril ten aberta unha convocatoria gratuíta "Mentor en Aberto"
Coursera
Oferta cursos, especializacións, certificados, programas de titulación en liña
Cursos 0.0
Cursos 0.0 ofrece formación gratuíta de calidade para mellorar a vida persoal e profesional das persoas. A súa acción formativa vai dirixida tanto a persoas traballadoras coma en situación de desemprego. As áreas que abrangue van dende a Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Hostalería e Turismo, Idiomas, Informática...
Cursos en Aberto da UNED
Cursos do OCW da UNED que non requieren matrícula, son de acceso libre, no esixen pagos e non teñen data nin de inicio nin de fin.
Cursos FEMXA
FEMXA oferta formación dirixida prinicipalmenbte a traballadores ocupados e autónomos. Os cursos están subvencionados ao 100% polo Ministerio de Traballo e Economía Social.
DKA
DKA ofrece máis de cursos gratis online con certificado de participación de todos os sectores.
Easy Work
Plataforma de formación online de deseño industrial. Son formadores oficiais, certificados e distribuidores das ferramentas SolidWoks e DriveWorks.
EDX
Plataforma para a educación e a aprendizaxe fundada por Harvard e MIT.
Oferta máis de 2.500 cursos en liña de 140 institucións
Fomento Profesional
O grupo Fomento Profesional está dedicado á formación e ao desenvolvemento e execución de produtos e servizos formativos, dirixidos a mellorar a situación profesional e laboral das persoas. Oferta formación en Administración / Economía, aeroportos, agrario, informática, turismo, sanitaria…
TELEFORMACIÓN PARA O SECTOR TURÍSTICO
CSHG, Centro Superior de Hostalería de Galicia
Formación en liña ofertada polo Centro Superior de Hostalería de Galicia. Lanza oito cursos para o sector en competencias de comunicación, xestión dixital e marketing.
Sem comentários:
Enviar um comentário