Play-Doc brinda este ano a oportunidade única de ver en directo a todo un xenio musical. Foi un dos pioneiros do dub e no seu currículo coma produtor figura unha longa lista de recoñecidos artistas. Falamos de Mad Professor que actúa mañá sábado ás doce e media da noite na Sala Metropol.
Foi alumno avantaxado de Lee Perry e converteu ao Dub na segunda xeración do reggae. Neil Fraser, máis coñecido como Mad Professor é o rei do xénero dub e considerado como un dos produtores máis importantes do Reino Unido. Fundador de selo Ariwa Records, referencia do xénero en toda Europa, tocou e traballou coma produtor de varios artistas de talla mundial, entre eles: Sade, Depeche Mode, Le Perry, Jamiroquai, Rancid, Jah Shaka, Destinys Child, Beasty Boys ou Massive Attack con quen acadou o seu punto máis álxido de popularidade pola remestura do seu afamado disco Non Protection.
Sem comentários:
Enviar um comentário