quarta-feira, 4 de março de 2009

Lagarta, Lagarta presenta esta fin de semana en Tui “Aeroplanos"

Haberá dobre función: o venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h
Lagarta, Lagarta presenta esta fin de semana en Tui “Aeroplanos”
A obra está interpretada por Ernesto Chao e “Pico”. Ernesto Chao e Xosé M. Olveira “Pico” sóbense esta fin de semana ao escenario do Teatro Municipal de Tui para representar “Aeroplanos”. Esta comedia da compañía Lagarta, Lagarta é unha viaxe pola vida de dous amigos viúvos. Está baseada no texto orixinal de Carlos Gorostiza e dirixida por Rosa Álvarez.
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres 6 de marzo ás 21.30h e sábado 7 de marzo ás 20.30h
Prezos: 5€ - 3 € con desconto - 2€ para os menores de 12 anos
Venda de entradas: en www.culturatui.info ou o día da función hora e media antes do comezo no despacho de billetes da Área Panorámica

Sem comentários:

Enviar um comentário