CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO “BUTACA VERDE” EN TUI DO 25 AO 27 DE XANEIRO
O Concello de Tui, a través da Biblioteca Municipal, promove o ciclo de cine ambiental e solidario "Butaca Verde", organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a través do seu Centro de Documentación Ambiental. Esta actividade oferta tres filmes diferentes de cine ambiental, que os interesados poderán contemplar no Telecentro de Tui os vindeiros días 25, 26 e 27 de xaneiro a partires das 19:30 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário