O prazo de inscrición é de 25 ao 29 de xaneiro. Este ano ábrese a participación tamén a grupos
O Desfile de Entroido de Tui traerá este ano dúas importantes novidades con respecto a anteriores edicións. Segundo se recolle nas bases de participación por unha parte recupérase a participación de grupos que deberán ter entre 15 e 25 compoñentes, e que se suman ás comparsas que tradicionalmente veñen tomando parte no desfile. Por outra parte a Concellería de Cultura, organizadora do evento, busca recuperar o espírito do Entroido tudense que recreaba distintas parodias nas que sátira e o humor estaban sempre presentes. Por iso este ano créase en premios a categoría de “Parodia” con tres premios de 200€, 100€ e 50€.
Sem comentários:
Enviar um comentário